Blogia
cmarrod

O SISTEMA SOLAR

1-INTRODUCCION:


O noso Sistema Solar é un de tantos, composto dunha multitude de obxectos que viran ao redor da súa estrela nai (o Sol).
Está formado polo Sol, que lle dá o seu nome, e oito planetas, máis o conxunto de corpos que orbitan ao seu  arredor do mesmo xeito que o espazo interplanetario comprendido entre eles. Na actualidade coñécense tamén máis de mil sistemas planetarios orbitando ao redor doutras estrelas, e máis de tres estrelas nas que se detectou a presenza de polo menos un planeta.

2-ELEMENTOS QUE FORMAN O SISTEMA SOLAR:


Está formado polo Sol ao redor do cal viran os seus oito planetas dos cales algúns teñen satélites, asteroides e cometas.

2.1-O SOL:


É a estrela activa no centro do sistema solar. Tamaño: 694.875 km de radio. Temperatura: 6.000 ºC na superficie e ata 14 millóns de graos no núcleo. O sol produce máis enerxía nun segundo da que poderían producir todos os planetas enerxéticos do mundo nun millón de anos. O sol aparentemente estivo activo por 4.600 millóns de anos e ten suficiente combustible para permanecer activo por outros cinco mil millóns de anos máis.

2.2-OS PLANETAS:

 --OS PLANETAS TERRESTRES OU INTERIORES:


Son Mercurio, Venus, a Terra e Marte: teñen poucas lúas, son ricos en elementos pesados,

MERCURIO:

 
O planeta máis próximo ao sol. Tamaño: 2.125km de radio. Xira tan lentamente que o sol só levántase unha ou dúas veces ao ano. A súa superficie é abrupta, porosa e de roca escura. O núcleo do planeta é líquido, cunha dinámica independente da da capa exterior.

VENUS:

 
O segundo planeta en orde planetario. Tamaño: pouco máis pequeno que a terra. A súa atmosfera é máis fria que a terrestre a pesar de estar máis cerca do sol. Resulta sorprendente que o lado nocturno de Venus sexa moi frío.

TERRA:


O terceiro planeta ao redor do sol. Tamaño: 6.375 Km de radio. É o único planeta do sistema solar no que a auga é liquida. Ten só un satélite, que é a Lúa. A Terra é o único dos corpos do Sistema Solar que presenta unha tectónica de placas activa.

MARTE:


Cuarto planeta en orde planetario. Tamaño: 3.187 km de radio.Ten 2 satélites. A cantidade de vapor de auga presente é moi pequena e variable. Marte é como un deserto moi frío, de gran altitude.

--OS PLANETAS EXTERIORES OU GASOSOS:

 

Atópanse máis aló do cinto de asteroides. Están feitos de materia volátil: Xúpiter, Saturno e Neptuno son gaseosos, salvo por un pequeno núcleo sólido.  

 

XÚPITER:


Quinto planeta en orde planetario. Tamaño: aproximadamente de 70.125 km de radio. Ten un campo magnético moi forte. Pola baixa densidade dedúcese que o interior de Xúpiter ha de ter a mesma composición que a atmosfera. En aparencia está composto dos dous elementos máis lixeiros e abundantes do universo, unha composición similar á do Sol. Xúpiter posúe un anel. Está formado principalmente por partículas de po. Ten ademais 5 satélites.

SATURNO:


Sexto planeta en orde planetario. Tamaño: 57.375 km de radio. Ten polo menos 18 satélites.o planeta está formado por hidróxeno e xeo e o seu núcleo é sólido.

URANO:


Sétimo planeta en orde planetario. Tamaño: aproximadamente 25.500 km de radio. Ten 27 satélites e 13 escuros e estreitos aneis feitos de pequenos anacos de roca.

NEPTUNO:


Oitavo planeta en orde planetario. Tamaño: 25.500 km de radio. Está formado por helio e hidróxeno, cun núcleo sólido. Conta con 2 satélites.


 


2.3-ASTEROIDES:

Son unha serie de obxectos rochosos ou metálicos que orbitan ao redor do Sol, a maioría no cinturón principal, entre Marte e Xúpiter, chamado o cinturón de asteroides.

 
2.4-COMETAS:


Son corpos celestes constituídos por xeo e rocas e unha cola formada por po e gas.


 

Emma Prada, Carmen Patricia Martínez, Jessica Prieto. 1º Bach-D.

 

 

0 comentarios