Blogia
cmarrod

O vulcaniosmo e a tectónica de placas

1.Definición:
Volcán: Pode dicirse que un volcán é  unha abertura onde a roca fundida ou fragmentada pola calor e gases quentes emerxen  desde as partes internas da terra á superficie.


2.Partes do volcán
:

Magma: Unha bolsa que se atopa no interior da Terra formada por minerais e rocas en estado líquido a consecuencia das altísimas temperaturas e presións.
Cheminea: É o conduto por onde ascende lava ao exterior.
Cráter: É a abertura que está ao final da cheminea por onde sae a lava. O cráter pode ter forma circular, ovalada, etc.
Cono volcánico: Parte do volcán que ten forma de cono e está formado por lavas e cinzas solidificadas.
Cámara magmática: É o lugar onde se acumula o magma antes de saír

3.Tipos de volcáns:


Tipo hawaiano
: Ten no cráter un lago de lava fundida que, cando sae en erupción, esta lava baixa polas ladeiras e alcanza grandes distancias. Por iso o cono volcanico está pouco inclinado. Estes volcáns son típicos das illas do océano Pacífico.


Tipo estromboliano
: Ten lava fluída, pero máis viscosa que a anterior, por iso ten tendencia a explosións.

 Tipo vulcaniano: Ten lava viscosa e solidifícase  na cheminea do volcán. Por iso prodúcense violentas explosións, que chegan a destruír o cono volcánico. Tamén produce choiva de cinzas que percorre grandes distancias.

Tipo peleano: Ten lava moi viscosa, tanto que nas erupcións saen materiais semisólidos. É propenso ás nubes de lume que queiman todo o que se pon polo seu camiño. É conocido o da Montaña Pelada da illa Martinico.



4.ERUPCIÓNS VOLCANICAS
As erupcións volcánicas preséntanse en moitas formas diferentes. Algunhas erupcións soamente conteñen lava e gas quente e estas lavas móvense lentamente. Outras erupcións conteñen lava acompañada de nubes de cinza, bombas, fragmentos de lava, o mesmo que de gases quentes.

5.PRODUTOS VOLCÁNICOS

Os produtos volcánicos son aqueles que saen do interior do volcán cando entra en erupción. Estes poden ser:

Sólidos
Denomínanse Piroclastos (pedras ardentes). Son lanzados con forza ao exterior pola acción dos gases que se acumulan no interior do volcán. Poden ser pequenos, como as cinzas volcánicas, de tamaño medio, como o lapilli, ou grandes, como as bombas volcánicas.

Fundidos
Son o conxunto de materiais fundidos que expulsa un volcán, denominados lava. Este material móvese pola ladeira do volcán como un río ardente. Este río coñécese como coada de lava.

Gases
Os gases que libera un volcán adoitan ser vapor de auga e compostos azufrados.

6.O PERIGO DOS VOLCÁNS

No mundo hai moitos millóns de persoas expostas ao risco de erupcións volcánicas, en especial explosivas. Algunhas destas persoas viven nas propias ladeiras dos volcáns. A razón principal é que os chans son moi fértiles e sempre atraeron á poboación. Moitas zonas expostas ao risco de erupcións son tamén centros antigos de civilización e seguen sendo áreas densamente poboadas. A erupción do monte Pinatubo en Filipinas recorda o perigoso que é dar por suposto que un volcán está inactivo ou apagado; xa que este levaba máis de 600 anos sen dar sinais de vida. Varios millóns de persoas seguen vivindo na zona de Nápoles, a pesar de que se sabe con seguridade que o Vesubio volverá entrar en erupción repentinamente; porque en 1990 houbo indicios de  que está volvendo a espertarse.

7.
ZONAS DE VULCANISMO:

Aínda que o vulcanismo é máis abundante nas placas diverxentes e converxentes tamén se dá nas transformantes.

- Bordos de placas diverxentes: Nas dorsais ou zonas de rift, as placas son divergentes, sepárase en dous fragmentos que se afastan, permitindo que o material procedente do manto ascenda. Neste caso a maior parte do vulcanismo é submarino e só nalgúns casos, como en Islandia, chega á superficie creando illas de material volcánico.

-Bordos de placas converxentes: Nas zonas de subducción o vulcanismo está asociado á penetración da capa litosférica oceánica no manto. É o caso do chamado Cinto de Lume no océano Pacífico.

-Límite transformante entre dúas placas:Zona entre bloques tectónicos onde non se crea nin se destrúe nova litosfera, senón que se producen movementos laterais entre elas.

 

 

 

 

Jessica Prieto Simón

Carmen Patricia Martínez Rodríguez                       

Emma Prada Estévez                                                   1ºBach D

0 comentarios