Blogia
cmarrod

TRANSXÉNICOS

1.-Que é a biotecnoloxía?:

A biotecnoloxía pódese definir como o uso de organismos vivos ou de compostos obtidos de organismos vivos para obter productos de valor para o home.

A biotecnoloxía consiste en varias tecnoloxías que van desde as técnicas da biotecnoloxía "tradicional", longamente establecidas e amplamente coñecidas e utilizadas (fermentación de alimentos, control biolóxico), ata a biotecnoloxía moderna, baseada na utilización das novas técnicas do ADN recombinante (chamadas de enxeñaría xenética), os anticorpos monoclonais e os novos métodos de cultivo de células e tecidos.
Logo desenvolvéronse técnicas para illar xenes, reintroducilos en células vivas e combinar os de diferentes organismos. Este é o principal avance da enxeñaría xenética, que ademais consistiu na capacidade de crear especies novas a partir da combinación de xenes de varias existentes, combinando tamén as súas características.


2-Biotecnoloxía aplicada:

Esta tecnoloxía permite obter e desenvolver cultivos con determinadas características beneficiosas específicas e eliminando ou controlando aquelas que poden ser indesexables.
Así xurdiron as primeiras plantas transxénicas que presentan características de resistencia a herbicidas, insectos e a enfermidades…


3-Que é unha planta transxénica?:

É unha planta á cal se lle introduciu un xene extra, xeralmente para dotala dalgunha característica especial

4-Os transxénicos:

Un transxénico (Organismo Modificado Xeneticamente, OMX) é un organismo vivo que foi creado artificialmente manipulando os seus xenes. As técnicas de enxeñaría xenética consisten en illar segmentos do ADN (o material xenético) dun ser vivo (virus, bacteria, vexetal, animal e mesmo humano) para introducilos no material hereditario doutro.
A diferenza fundamental coas técnicas tradicionais de mellora xenética é que permiten franquear as barreiras entre especies para crear seres vivos que non existían na natureza. Trátase dun experimento a gran escala baseado nun modelo científico que está en dúbida.


• Inconvintes:

Os riscos sanitarios a longo prazo dos OMX presentes na nosa alimentación ou na dos animais cuxos produtos consumimos non se están avaliando correctamente e o seu alcance segue sendo descoñecido.

Novas alerxias, aparición de novos tóxicos e efectos inesperados e maior nivel de residuos tóxicos nos alimentos.

Alterar significativamente a evolución das especies pode ter consecuencias imprevisibles nun equilibrio ecolóxico, por outra banda xa moi danado e de difícil solución. As técnicas de enxeñaría xenética alteran todas as limitacións que a propia natureza pon para a relación entre organismos de especies afastadas ou non emparentadas.

O desenvolvemento destas vantaxes competitivas por parte dos organismos transxénicos, como maior resistencia á salinidade, á seca ou ás baixas temperaturas, pode ocasionar a invasión por parte destas especies de hábitats que non lles son propios e cuxo equilibrio se vería entón ameazado ao desprazar outras especies ou favorecer a súa extinción.


• Vantaxes:

O principal avance da Enxeñaría Xenética consiste na capacidade para crear especies novas a partir da combinación de xenes de varias existentes, incluíndo todas as súas características.

Permitir o cultivo de hortalizas en áreas desérticas até agora estériles ou aumentar o tamaño dos froitos cultivados son algúns dos adiantos que a utilización deste tipo de técnica pode achegar á Humanidade, cos logros que supón cara á erradicación da fame no mundo.



C.Patricia Martínez Rodríguez
Jessica Prieto Simón 1º Bach-D


0 comentarios