Blogia
cmarrod

A BIODIVERSIDADE

1.Definición:

Biodiversidade é a variedade de seres vivintes de calquera procedencia, ata os que proveñen de ecosistemas terrestres e marítimos e doutros ecosistemas acuáticos, e os sistemas ecolóxicos aos que pertencen; comprende tamén a diversidade que existe dentro de cada especie, entre as distintas especies, e entre os diferentes ecosistemas.

2.Causas dá perda dá biodiversidade:

· As extincións:

A extinción das especies foi un fenómeno natural, producido principalmente por dous tipos de factores:
1. Lentos cambios ambientais que provocan a desaparición de especies que non se adaptan ás novas condicións.
2. Extinción masiva como consecuencia de cambios bruscos e repentinos nas condicións do medio.
Exemplo disto témolo na extinción dos dinosauros.
Na actualidade, debido ao rápido crecemento da poboación, ao aumento do consumo de enerxía, e ao uso incontrolado dos recursos naturais, a perda de biodiversidade viuse acelerada de xeito alarmante a causa do home.

· A introdución de novas especies

Moitas as especies foron introducidas en lugares distintos ao seu de orixe. Aínda que non sempre o conseguen, cando se adaptan ao novo medio poden chegar a converterse en especies invasoras.

· Outras causas:

A eliminación de seres vivos ao sobreexplotar os recursos naturais (pesca, caza, agricultura intensiva, sobrepastoreo...).

A eliminación dos hábitats naturais de certas especies por urbanismo ou construción de estradas.

A destrución dos recursos ao fabricar obxectos como papel, ferramentas, materiais de construción...

A contaminación dos hábitats e os recursos alimentarios de seres vivos con fertilizante, pesticidas, emisións e verteduras tóxicas que alteran os seus procesos reprodutivos.

O cambio climático.


3.Consecuencias da perda da biodiversidade:

A biodiversidade é importante porque, como xa sabemos, todos os organismos vivos necesitan dos demais para sobrevivir, pero tamén o chan, a auga e o aire dependen da vida do planeta.

-A deforestación ou tala indiscrimada das árbores produce a desaparicion dos bosques.

- O quentamento global producido polo CO2 e outros contaminantes do aire que se acumulan na atmosfera formando unha capa cada vez máis grosa, atrapando a calor do sol e causando o quentamento do planeta.

- O derretemento temperán da neve e as secas graves causarán maior escaseza de auga.

- O aumento nos niveis do mar producirá inundacións costeiras.

- Os bosques, as granxas e as cidades enfrontarán novas pragas, provocando enfermidades.

- Esgotamento dos recursos naturais.

- A desertificación dos solos.

- A aparición de microclimas debido á talla abusiva de árbores.

4.Medidas contra a perda da biodiversidade:

-Eliminar ou redistribuír as subvencións prexudiciais, como as axudas á
agricultura e a pesca nos países desenvolvidos, que fomentan un abuso dalgúns servizos específicos dos ecosistemas e reducen a competitividade dos países en desenvolvemento.

-Fomentar a intensificación sostible da agricultura.

-Frear o cambio climático e adaptarse a el e intentando adaptar tamén os ecosistemas.

-Reducir o aumento dos nutrientes presentes no chan e a auga a causa do uso de fertilizante.


Jessica Prieto Simón

C. Patricia Martínez Rodríguez 1ºD

 

0 comentarios